
Deporte Local
CAMPO DO LOBO - PAINTBALL
O paintball é un deporte practicado na natureza onde a acción predomina por enriba de todo. A través de diversas escenas e diferentes xogos, realízanse competicións por equipos, onde os seus participantes levan unhas marcadoras que disparan bolas de pinturas inofensivas e non tóxicas, coas cales se elimina aos adversarios.

En caldas de reis atópase un dos mellores campos de Galicia. Conta cun terreo de xogo de 250000 metros cadrados, dividido en 4 escenarios ( o poboado, o reduto, a factoria e Camboya) debidamente estudados para sacar o máximo de acción e adrenalina. Dispoñen de material certificado e instalacións amplas e aptas para o desenvolvimiento da actividade. Comidas de empresa, despedidas, reunións familiares ou simplemente unha quedada de amigos, son escusas perfectas para probar algo diferente.
O Campo do Lobo encóntrase en Follente, Caldas de Reis e podes buscar a información que precises ou formular a túa reserva na páxina web: https://www.campodolobo.com/

FERNANDO ARCA CASAL (04/02/1971)
Atletismo - Trail, Ultratrail

Fernando é un deportista caldense que realiza carreiras de montaña, máis coñecidas como trails, onde combina grandes distancias con pendientes extremas e terreos moi complicados o que fai deste deporte un dos máis esixentes que existen. As suas costas, máis de 60 carreiras dende que comezou a súa andadura en 2004.
Compite á altura dos grandes corredores a nivel mundial como Kilian Jornet ou Iker Karrera estando case sempre no podio das competicions e loitando en cada carreira pola victoria. Foi campión galego en 2013 e conseguiu a súa última victoria no Ultra Trail de Somiedo Desafio 2016 cun tempo de 9 horas y 35 minutos, unha das probas máis complicadas e de prestixio nacional.
A pesar de non ser un corredor mediático, é un atleta incrible que xa en catergoría veterano fai sudar ós seus rivais, tanto en kilómetro vertical coma en ultra trail. Non ten redes sociais, ni smartphone; pero se lle coñece pola súa barba espesa e as súas camisolas The North Face. Detrás desta apariencia está un gran deportista que alterna o seu esforzo como atleta co coidado dunha pequeña granxe e o seu traballo como obreiro o que fai que teña que facer grandes sacrificios por amor o seu deporte.
No seguinte link encontraredes unha nota de prensa co éxito do seu último Ultra Trail:
https://www.marca.com/deportes-aventura/2016/08/01/579f371146163f947f8b4635.html

Juncal foi un centrocampista que militou a nivel profesional coas cores do Real Club Deportiva de La Coruña en 2ª división española na tempada 1970-1971 na que xogou un total de 1280 minutos sendo un rapaz de tan só 23 anos.
CÉSAR LOUREIRO DOVAL "CÉSAR" (06/09/1983) SD Compostela, CD Ourense - Futbol

César estreouse na 2ª B coa SD Compostela na tempada 2003-2004 con 10 anos. Despois, trala súa chegada ao CD Ourense, xogaria duas temporadas consecutivas cun total 2153 minutos. Posteriormente, tras xogar en varios equipos como o Céltiga ou o Portonovo, recala no equipo do seu pobo, o Caldas CF, no que xogou 17 partidos a tempada pasada.
Con tan só 17 anos, esta deportista caldense acumula 10 medallas en Campionatos Europeos e Mundiais., ademáis de conseguir varios records a nivel junior e absoluto. Xa no 2015 no Campeonato de Europa en Torrevieja conseguiu 5 metales, dando así a coñecer o seu enorme potencial, consolidandose como unha participante a ter moi en conta nos próximos anos. Acaba de regresar de Holanda onde disputou o seu primer Campionato Mundial cun excelente resultado:
- Medalla de oro en 100 metros rescate con aletas a nivel de clubes.
- Medalla de oro en 50 metros rescate maniquí a nivel de clubes.
- Medalla de plata en 100 metros socorrista a nivel de clubes.
- Medalla de plata en 100 metros rescate con aletas a nivel de seleccións (con record de España Junior).
- Medalla de bronce en 4x50 metros obstaculos a nivel de seleccións (con record de España Junior e Absoluto).
No seguinte enlace podedes ver unha reportaxe que fixo a TVG previo a disputa do Mundial
Moitas esperanzas postas nesta deportista que aspira a ser unha das grandes figuras deste deporte a nivel mundial.
LUA PIÑEIRO DEVESA (29/03/1987)
Club Natural Sport - Taekwondo

Natural de Caldas de Reis e Diploma en Maxisterio de Educación Física e Maxisterio en Educación Primaria pola Universidade de Vigo, comezou en taekwondo nunha idade tardía, o que non impediu que destacara na categoría Junior, proclamándose campiona de España no seu segundo ano de competición . Estaba crecendo como un competidora, de tal forma que contaron con ela para probas do ranking olímpico nacional con só 17 anos . Recibiu o premio de deportista revelación da Federación Galega en 2005. A evolución segue en curso e levou unha liña moi regular nos últimos anos .
Ten unhas calidades físicas innatas para este deporte e grazas ao seu duro adestramento no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, desenvolveu un amplo abanico de recursos técnico-tácticos. A súa principal arma é o seu físico e a súa velocidade, que soubo potenciar cunha técnica cada día máis depurada.
En 2009 unha serie de lesións mantivéronlle apartada dos tapices, pero tras recuperase mostrouse moi regular. En 2010 proclamouse sub-campioa de Europa universitaria. É un dos referentes a nivel rexional e ten un gran recoñecemento local, onde o seu traballo celebrouse en numerosas ocasións con recoñecementos públicos e galardóns como o de deportista destacada polo Diario de Arousa. Lua destaca pola súa repercusión social, aparecendo en campañas como "cartón vermello aos malos tratos" ou a "festa da solidariedade".
JESUS TORRES JUNQUERA (13/03/1980) SD Compostela, Ponferradina, Eldense, Ciudad de Santiago - Futbol

Jesus Torres comezou a súa aventura pola 2ªB nas filas da SD Compostela, onde estivo tres tempadas entre 2001 e 2004 acadando o ascenso a 2ª división. A continuación xogou na Ponferradina, no Eldense e no Cidade de Santiago para volver de novo a SD Compostela no 2009. Despois xogaría na terceira división en varios equipos.